miércoles, 31 de diciembre de 2008

Xa temos as fotos da I Cea da xeración ...

Como son moitas e supoño que queredes ver cómo saíchedes (todos e todas ... moi guap@s), pois podemos velas na seguinte dirección.

Xa comentaredes algo.

http://picasaweb.google.es/quitoponteceso/XeracionDo75

Posted by Picasa

domingo, 28 de diciembre de 2008

Hoxe nace o blog da "xeración do 75"

Hoxe nace o blog da "xeración do 75".

Para todos aqueles ou aquelas que pensáchedes que era unha broma máis do sábado noite, aquí o tedes, vivito e coleando.

Este será un lugar de reunión de todos e todas aquelas rapaces/zas desta xeración que cursaron no Colexio Público Eduardo Pondal (antes Villar Palasí).

Como poidéchedes observar, creo que vai ser mellor cambiarlle o nome inicial ó blog, e poñerlle "xeraciondo75" (non durou moito o primeiro nome non...).

Pouco a pouco iremos facendo deste sitio un lugar acollerdor, e recordade que sen participación, todo morre, así que non o deixedes morrer (eime de encargar eu de que non decaia, pouco a pouco).

Xa podedes ir felicitando este novo nacemento, xustamente publicando comentarios.

Para a semana, teremos novas noticias, ... e fotos ...