Imoa cambiar de foto que senón esto faise moi aburrido. Ahí vai outra, da última cea ou máis ben "da cea", porque foi a última e tamén a primeira. Nela vemos que Marina está mirando unha foto da excursión de fin de curso a Madrid. Pola outra banda, vemos a Alfonso e Marco Antonio moi atentos ás explicacións que dá Manolo (sabe máis ca eles claro), aínda que Gustavo parece non estar moi dacordo. Cesar parece que non está ou anda ó seu, e non parece importarlle moito o que falan os tres ó arredor do papel ese. jejej
domingo, 8 de marzo de 2009
jueves, 5 de febrero de 2009
Agora, vivimos tempos mellores
Agora, vivimos tempos mellores. Non me refiro a que non vivíramos mellor en 8º de E.X.B., non. refírome ó que significa ou significaba o lugar no que fixemos a foto. ¿Ou non? Aquí pode sair unba discusión, sobre todo se falo con algún amigo de meu avó. E agora, a buscar e mirar se estamos, sobre todo Cesar, que anda medio mosqueado porque non saiu na anterior foto que publicamos. En fin, seguimos sen saber quén é a metade da xente que veu de excursión a Madrid.
Ala, ahí queda iso. Por certo, os mestres e mestras que sairon desta xeración, poden dar unha clase de qué é o que se ensina agora e se dí deste lugar.
martes, 27 de enero de 2009
Cambio de foto por unanimidade
martes, 13 de enero de 2009
Excursión Fin de Curso
Non sei en qué ano foi isto, pero o que si sei foi que era a Excursión Fin de Curso, que fomos de viaxe a Madrid.
Eu non me acordo nin da metade dos nomes dos meus compeñeiros e compañeiras. Dos mestres si (será do bo estudiante que era).
Así que, cando teñades tempo, ide dicíndo os nomes dos mesmos. Seguro que entre todos, recordamos quénes éramos.
miércoles, 31 de diciembre de 2008
Xa temos as fotos da I Cea da xeración ...
Como son moitas e supoño que queredes ver cómo saíchedes (todos e todas ... moi guap@s), pois podemos velas na seguinte dirección.
Xa comentaredes algo.
domingo, 28 de diciembre de 2008
Hoxe nace o blog da "xeración do 75"
Para todos aqueles ou aquelas que pensáchedes que era unha broma máis do sábado noite, aquí o tedes, vivito e coleando.
Este será un lugar de reunión de todos e todas aquelas rapaces/zas desta xeración que cursaron no Colexio Público Eduardo Pondal (antes Villar Palasí).
Como poidéchedes observar, creo que vai ser mellor cambiarlle o nome inicial ó blog, e poñerlle "xeraciondo75" (non durou moito o primeiro nome non...).
Pouco a pouco iremos facendo deste sitio un lugar acollerdor, e recordade que sen participación, todo morre, así que non o deixedes morrer (eime de encargar eu de que non decaia, pouco a pouco).
Xa podedes ir felicitando este novo nacemento, xustamente publicando comentarios.
Para a semana, teremos novas noticias, ... e fotos ...



